Finalizou a tempada de miniesgrima 2024/2025, e o 5 de abril entregáronse os trofeos ós equipos segundo a clasificación final computada dos seus tiradores.
100Tolos fomos vencedores nas ligas M9 e M13, e obtivemos un segundo posto na categoría M11. Gran traballo do clube no fomento da canteira, especialmente de todas estas promesas que evolucionan a pasos de xigante!!! Parabéns, tropa!!!