Información, normas e regulamentos

Conceptos básicos

Se es novo no mundo da competición da esgrima, pode ser útil a lectura deste artigo na web da Real Federación Española de Esgrima, Manual para entender una competición.

Tamén soe ser dificil interpretar os resultados de poules e a clasificación dos tiradores para os cruces

Aínda que non forma parte da regulamentación, ter identificada a roupa, armas e pasantes co nome dos tiradores, é moi importante para evitar perda ou desaparición de material, co custo exonómico que el implica. Este tipo de perdas e algo bastante habitual nas competicións.


Calendarios

O calendario da RFEE e o calendario da FGE son puntos importantes de consulta para planificarse, aínda que dende o clube recibirás información con antelación sobre estas competicións, pero é recomendable engadir nos nosos calendarios as citas ás que pretendemos acudir para evitar colisións con outras tarefas futuras que teñamos.

Federación Galega de Esgrima

Podemos consultar o Regulamento de Miniesgrima (M9, M11 e M13). Estas categorías teñen particularidades que é imortante ter en conta, dende o tipo de armas que se empregan (plástico en M9, metálicas tamaño 0 e 2 en M11 e metálicas tamaño 2 en M13), ás restriccións de accións (non están permitidas entre outras accións, frechas ou corpo a corpo).


Tamén temos o Regulamento de Esgrima, para o resto de competicións, similar ó dispoñible na RFEE, e que se corresponde coa información da Federación Internacional de Esgrima. É importante ter en conta que pese ó que indican estes documentos, non todo aplica a nivel autonómico nin nacional, xa que non é obrigatorio en competicións galegas que a roupa sexa de protección 800N e nin que as armas sexan as homologadas pola FIE. Podemos competir nestas competicións con roupa de 350N, e con armas non FIE. É importante coñecer isto, porque a equipación FIE, aínda que é recomendable por calidade (durabilidade das follas por exemplo), e pola posibilidade de sair a circuitos internacionais, non é obrigatoria e ten unha diferencia de prezo importante con respecto á equipación non FIE.


A Fórmula de competición para os TGR (Torneos Galegos de Ranking) e Miniesgrima dannos información de cómo se organiza a competición. Esta fórmula regula cómo se xeran as poules, o número de voltas de poule, e a cantidade máxima de eliminación en poules.


O ránking galego para cada arma e categoría do ano en curso, é un dos principais servizos que podemos atopar na páxina da FGE. Se es novo, debes ter en conta que, a diferencia dos resultados nacionais que consultamos na web da RFEE, a actualización deste ránking soe tardar días ou semanas tras cada competición, polo que é preciso ter paciencia. Tampouco temos dispoñible online os ránkings e resultados de anos anteriores, polo que, en caso de precisalos para, por exemplo a solicitude de becas ou axudas, terás que contactar coa Federación, aínda que este contacto seguramente será preciso xa que o habitual é que neste tipo de solicitudes sexa preciso a entrega dun certificado da Federación acreditando os resultados.

Real Federación Española de Esgrima

Para identificar calquera documento relacionado coas competicións xestionadas porla RFEE, recomendámoste que acudas á sección de documentos da RFEE. Algúns documentos importantes son:

Criterios de selección e participación en competicións internacionais (M17, M20 e Absoluto). Aquí poderás ver qué resultados son precisos para ser elexido pola RFEE para a participación en campionatos europeos e mundiais.

Normativas de ránkings nacionais, campionatos nacionais e campionatos de España. Neste documento atoparás as fórmulas de puntuación e a ponderación de cada competición na que se participa para o ránking. Algo moi importante, os requisitos de clasificación para participar nos Campionatos de España. Tamén os prezos de participación nas diferentes competicións, o procedemento de inscrición (aínda que será algo que xestionará o clube por ti), obrigas de arbitraxe e multas por non asistencia.


Pode consultarse as normativas e circulares que emite a RFEE nas URLs:

- Regulamentos de esgrima.

- Circulares RFEE.


En competicións galegas as esixencias de participación soen relaxarse, pero nas competicións nacionais é moi importante acudir co material preciso para impedir unha descalificación ou, cando menos unha sanción en xeito de tarxeta:

  • Traxe completo (pantalón, chaqueta, peto, pasante, guante e medias en espada, e en florete engadimos a chaquetilla eléctrica e a pinza de careta). Para evitar sancións o traxe debde ser do tamaño axeitado. O pantalón debe subir cando menos 10 cm da chaqueta. Unha chaqueta pequena ou un pantalón demasiado baixo que deixan expostos parte do corpor nalgúns movementos, non está permitido e por ser motivo de sanción.
  • Peto interior FIE (800NW). A nivel nacional, é o único elemento que obrigatoriamente debe ser FIE nas categorías M17 e superiores, cunha resistencia de 800NW. Isto é unha novidade da tempada 25/26.
  • Peto interior ríxido en categoría feminina adicional ó peto interior común masculino e feminino.
  • 2 armas e 2 pasantes. No caso de florete tamén 2 pasantes de careta. Recomendable contar con 3 elementos de cada para afrontar coa maior tranquilidade posible toda a competición. É moi importante comprobar todo o equipo na sala (verificar galga e peso, e que os pasantes e armas funcionan) antes da competición para evitar problemas que implicarán sancións na competición. Estes elementos deben estar sempre baixo o noso control e movernos con eles a cada pista na que tiramos para poder facer substitución se é preciso.
  • Careta con banda elástica normativa traseira. Obrigatorio dende hai algúns anos, pero se a nosa careta non o ten, deberemos adaptala e engadirlle esta banda. 
  • Medias e pantalón de lonxitude axeitadas. Non pode quedar exposta parte da perna, a media debe subir por riba do xeonllo e o pantalón cubrir a media.
  • Solución para suxeitar o cabelo longo. É importante que o cabelo esté baixo control atado e baixo o uniforme. Non pode estar sobre superficie válida (florete) nin cubrir nome e nacionalidade na espalda. Tamén, en caso de soltarse e ter que ser recolocado repetidamente, poderá ser interpretado como sancionable.
  • Estar moi atento ás chamadas do directorio técnico para entrar a competir. Importante para chegar a tempo ós nosos asaltos. Debemos ter en conta que é habitual que a megafonía sexa de mala calidade, polo que debemos estar moi atentos e é recomendable facer seguimento da competición coa web de engarde xa que podemos ter información da pista na que deberemos tirar.