As competicións a nivel autonómico son organizadas polas correspondentes federacións autonómicas, no noso caso, a Federación Galega de Esgrima.
Na web da FGE podemos consultar información sobre competicións, o calendario, e os rankings de cada categoría e arma (espada, forete e sabre).
As competicións a nivel galego dependentes da FGE son:
A FGE selecciona tiradoras e tiradores en función do ránking M17 e M20 para participar baixo a Selección Galega en eventos como a concentración PFCAR (Programa de Formación Contínua de Alto Rendimiento) de pretempada que organiza a RFEE, importante evento de tecnificación para os tiradores nacionais que buscan acadar proxección internacional.
As categorías M13, M11 e M9 disputan a competición denominada Liga de Miniesgrima. A liga está composta por 3 competicions denominadas Encuentros de Liga Miniesgrima. A posición final do tirador é a cantidade de puntos que se lle asignan. Ó final do campionato súmanse os puntos das tres competicións, e o ranking ven determinado por orden ascendente de puntos, sendo o primeiro quen menos puntos acumulou na tempada, sendo o mínimo 3 puntos, que correspondería ó mellor resultado posible que son 3 victorias nos 3 ELM.
M9 dispútase con espadeto de plástico, e M11 e M13 con espada metálica curta, e son categorías mixtas, non existindo categorías masculinas e femininas.
Por último, a liga de miniesgrima outorga adicionalmente o trofeo ó clube gañador da liga, en función dos resultados acumulados dos seus tiradores.
Son os torneos organizados para as competicións M15 a Absoluto (M15, M17, M20 e ABS) nas tres armas.
Cada ano, dispútanse 3 torneos de ranking e un campionato galego en cada arma e en cada unha das categorías. Estes torneos, denominados Torneos Galegos de Ranking (TRG) son organizados polos clubes que solicitan á Federación a súa organización, entre eles 100Tolos. Isto fai que vexamos campionatos que se disputan en Coruña, Lugo, Santiago, Pontevedra ou Vigo.
En cada torneo de ranking, un tirador individual suma puntos en función da posición acadada. A posición no ranking galego compútase como a suma de:
Estes torneos e o resultado do ranking non teñen impacto a nivel superior. Non se require ningún resultado a nivel galego para participar en campionatos nacionais ou internacionais. A diferencia do ranking nacional, non se precisan resultados para poder participar en ningún Campionato Galego de ningunha arma ou categoría.
Celébrase una campionato galego, que é ademais a última proba da tempada para cada categoría.
O campionato galego, ademáis de outorgar o título de campiona e campión de Galicia, ten un peso superior no resultado final do ranking da tempada que calquera outra das probas, e sempre suma, polo que a participación nesta proba é especialmente importante para dito ranking.