A Real Federación Española de Esgrima é a responsable da organización das seguintes competicións nacionais:
Tamén, a nivel de equipos, organízanse as competicións:
Competición para rapazas e rapaces de até 13 anos (até categoría M13). Trátase dunha versión do Campionato de España na que os tiradores compiten en categorías organizadas por ano de nacemento.
3 competicións anuais nas que participan tiradores de clubes de toda España. Os dous mellores resultados son os que puntúan para a clasificación do ránking individual da tempada, pero a posición de ranking obtense cunha fórmula na que computan:
A posición final do ránking é importante xa que a partires de M17 só é posible competir no campionato de España mediante clasificación por posición no ranking (en M15 non é preciso). Esta posición tamén é a que determina os seleccionados por España para participar en competicións internacionais.
Competición específica que determina o campión e campiona nacional en cada arma e categoría de idade. Este campionato comeza a disputarse en categoría M15, na que non é preciso ter un número de ranking para participar. A partires de M17, só os primeiros 64 tiradores do ranking en cada arma e categoría poden competir.
O resultado desta proba puntúa con factor x1.5 para o resultado do ranking do ano, sendo polo tanto moi importante para un posicionamente tanto naciona, como internacional xa que é clave para poder competir nas competicións europeas en representación de España.
Competición nacional por equipos. Existen catro divisións diferentes, Ouro, Prata, Bronce e 4ª, con participación por clubes, que poden contar cun ou máis equipos. En función dos resultados, é posible promocionar ou descender entre divisións, sendo a Ouro a máxima división nacional.