Esgrima Deportiva

A esgrima


A esgrima deportiva é o arte de manexar a espada, o florete ou o sabre con intención de ataque e defensa. É un deporte no que é fundamental respetar o carácter leal e cortés do combate.

É un deporte enriquecedor tanto en valores persoais (perseverancia, responsabilidade, autocoñecemento, respeto, deportividade) como valores sociais (colaboración, convivencia, compañerismo, tolerancia).

Algunhas das principais cualidades asociadas á práctica esgrima son a velocidade, a capacidade de reacción, o control e a precisión dos movementos, a atención, a concentración e a velocidade mental.

A esgrima está presente nos Programa Olímpico dende a súa primeira edición en 1896. Actualmente as tres armas en modalidades masculina e feminina, e individual e por equipos, están presentes. Tamen está presente no Programa Paraolímpico a modalidade de esgrima adaptada en silla de rodas.

Equipación

Emprégase roupa e calzado deportivo. Nos asaltos con arma de competición é obrigatorio o emprego de traxe de esgrima completo, formado por chaqueta, pantalón, peto interior, guante e medias altas, xunto coa máscara.


Existen dous niveles de protección para o equipamento, o de nivel 1, de 350N, válido para entrenar e para competicións rexionais e nacionais, e o nivel 2, de 800N, tamén coñecido como FIE (Federación Internacional de Esgrima), que é obrigatorio en competicións internacionais e Xogos Olímpicos. 350N e 800N indican a forza de penetración que deben poder resistir, 350 ou 800 Newtons. As máscaras FIE teñen na grella de protección unha resistencia de 1600N.