Moito máis que esgrima

A esgrima aberta ó seu disfrute de múltiples xeitos. Pensas que a esgrima non é para ti nin para os teus? Agarda...

Eventos de empresa

Buscades probar unha actividade en grupo co voso equipo de traballo? Organizamos sesións de iniciación, nas que tomar contacto coa esgrima deportiva e coa esgrima histórica. Sesións nas que probar de xeito lúdico a actividade, ou levala un paso máis aló para entender como a estratexia, a toma de decisións, o control dos tempos ou a precisión das accións marcan a diferencia no deporte e na empresa. Apta para todas as idades e condicións fisicas.

Campamentos de verán

En xullo e agosto, organizamos campamentos de verán multideporte para rapaces de 7 a 15 anos. Practicamos pistolas e espadas láser, tiro con arco, bádminton... e por suposto, esgrima. Combinados con visitas a museos e outras actidades lúdicas na cidade da Coruña

Actividade extraescolar

Colaboramos con colexios e ANPAs na Cidade da Coruña para que poidan ofrecer esgrima como actividade extraescolar. Tamén colaboramos como parte das actividades das asignaturas de Educación Física.

Adultos e veteranos

Nin o dubides, podes comezar a practicar esgrima con 7, 15, 20, 50 ou 60 anos. No clube contamos con tiradores de todas as idades, algúns con moitos anos de experiencia (incluíndo campións do mundo) e outros que descubren este deporte na idade adulta e se apuntan ó desafío de dominar a espada. Contamos con grupo de entrenamento para veteranos onde ten cabida calquera adulto con ou sen experiencia previa no deporte.