- Clases a cargo de persoal cualificado: mestres de esgrima titulados e licenciados en educación física.
- Participación opcional en torneos e competicións.
- Tramitación da licencia federativa autonómica que inclúe seguro médico deportivo.
- Traballo da condición física de xeito multidisciplinar e axeitado á idade.
- Seguimento personalizado da aprendizaxe do alumno.
- Programa opcional de acondicionamento físico.
- Clases individuais opcionais.
Até os 8 anos non se precisa adquirir material. Os entrenamentos fanse con espadas de espuma ou plástico, e con máscaras de plástico. A partires dos 9 anos comezan a tirar con espadas metálicas mini. O clube presta todo o material preciso (traxe completo, pasante, guante e arma) até que o alumno merca a súa equipación.