Para facilitar a identificación e planificación de competicións, podes empregar esta base de datos de competicións da empada 2025/2026. A BD compórtase de xeito similar á aplicación Skermo empregada pola RFEE e por algunhas federacións territoriais. Nesta BD podes filtrar ou agrupar polos campos que te interesen, categoría, tipo de competición, organizador, xénero, etc.
A día 29/9/2025, o calendario debera ser definitivo, pero é probable que algunha das federacións precise facer cambios. Tentaremos actualizar ditos cambios, pero ten isto en conta para confirmar que as datas que aquí aparecen son correctas acudindo ó calendario Skermo da RFEE, á web da FGE, ou consulta cos técnicos do clube.
No están todas as competicións, só aquelas nas que 100Tolos ten previsto poder participar. Por exemplo, non vas atopar case informción de competicións de sabre. O que si está é o calendario combinado galego, nacional, europeo e FIE.
Como comentamos, podes crear os teus propios filtros e grupos, pero deixamos enlaces a algunhas combinacións precreadas que poden resultar útiles.