Esgrima histórica

Que é a esgrima histórica?

É unha arte marcial baseada no duelo civil entre os séculos XV e XVIII. Trátase dunha disciplina en auxe que se retoma no último cuarto do século XX e na actualidade é practicada en salas de todo el mundo, e como referencia, neste mapa podedes atopar todos os clubes nacionais.

Dicimos que se retoma, porque a tradición das artes marciais históricas europeas (HEMA) non chegou até os nosos días, co que foi preciso levar a cabo un traballo de recuperación a partires de tratados da época.


Baseámonos nos tratados para recuperar as técnicas, complementándoos coa biomecánica e a experiencia adquirida nos anos de práctica e aprendizaxe propio da nosa sala, visitando outras salas e estando en contacto con outros instrutores.

A filosofía desta disciplina é recrear duelos civis nos que o que primaba era mantanerse con vida. Polo que é prioritario defenderse para poder atacar de xeito seguro.

Que armas usamos e que escolas seguimos?

Para a práctica da espada roupeira seguimos os tratados da Verdadera Destreza, escola que xorde no século XVI na Península Ibérica e perdura até o século XVIII.

Estudamos esta arma acompañádoa, en ocasións, coa daga de man esquerda.


Para a espada longa estudamos a tradición alemana de Kunst des Fechten do século XVI

O Kunst des Fechten abrangue o estudo dunha amplia panoplia de armas. No noso clube, centrámonos na espada larga.

Contacto

Correo electrónico: 100toloshistorica@gmail.com

Instagram: @100toloshistorica

Teléfono: 623 02 46 56