Integratlón

Que é Integratlón?

É un programa deportivo con obxectivos sociais no que se desenvolven actividades de iniciacion á esgrima, triatlón, e / ou pentatlón moderno en centros de primaria e secundaria do Concello da Coruña.


Son actividades gratuitas dispoñibles para calquera centro público que o solicite, aínda que se vai dirixido principalmente ós centros con maior alumnado en situación de risco de exclusión e / ou dificultades de integración solcial.

Inicios

100Tolos realiza dende o seu nacemento actividades deportivas gratuitas en centros escolares. Por outro lado, contabamos con alumnos becados tras plantexamento de dificultades económicas por parte das familias.


Integratlón foi un paso adiante para estruturar o programa e axudar a practicar de porte a nenas e nenos que en circunstancias normais non terían iniciado unha actividade deportiva.


Neste paso foi fundamental o apoio da Fundación Emalcsa, que permitiu incrementar o número de colexios, a cantidade de sesións en todos eles, o número de alumnos becados, e a contía destas becas.

Programa

  • 2015-2016. Impartición de unidades didácticas de esgrima, triatlón e/ou pentatlón moderno a 650 escolares no Concello da Coruña. 12 escolares recibiron beca e realizaron actividade deportiva dentro das escolas do clube.

  • 2016-2017, en decembro de 2016, a Fundación Emalcsa renova o seu apoio económico económico ó proxecto social. Entre xaneiro y xullo de 2017 o programa escolar chegou a 8 centros educativos da Coruña. Casi 1700 alumnos poideron practicar esgrima e láser-run nas súas clases de educación física. Na segunda parte do proxecto, algúns deses alumnos incorporáronse ás escolas deportivas do clube ou realizaron un curso de un a catro meses de duración dalgunha das modalidades. En total foron 33 alumnas e alumnos de 6 a 17 anos os que participaron nesta parte do programa.

  • 2017-2018, esta tempada o programa social consolídase. As actividades escolares seguen a medrar, e chegamos a 8 colexios, incrementando o número de sesións por clase con algúns deles. A colaboración directa coa Fundación Emalcsa axúdanos a incorporar rapaces dende diferentes asociacións da cidade. O resultado é satisfactorio, tanto por eles como polo traballo de integración realizado cos alumnos do clube. Os beneficiarios das becas que continuaban da tempada anterior seguen a progresar e para o 2018-2019 incrementouse o número dos que continúan.

  • 2018-2019, cuarta edición do noso programa de deporte social. Continuamos as liñas de traballo das tempadas anteriores. A continuidade nos centros escolares ofrécenos bos resultados. Os escolares participan na actividade con moi boa actitude. Comprobamos que os nenos xa teñen un coñecemento básico xeral dos deportes. No programa de becas mantéñense bastantes alumnos dos cursos anteriores e a súa integración nos grupos é moito mellor. Algúns alumnos repiten tamén en actividades puntuais en períodos estivais.