Boletín informativo Inscripción Iniciar sesión
  • Inicio
  • Onde estamos?
  • Modalidades
    • Esgrima Deportiva
    • Esgrima para nenos
    • Esgrima histórica
    • Esgrima adaptada
  • Actividades
  • Integratlón
  • Novas
  • Competición
    • Federacións e campionatos
    • Galicia
    • Nacional
    • Próximas Competicións
    • Información, normas e regulamentos
    • Calendarios
  • Más
    Preguntas Frecuentes
    Competición Práctica da esgrima
    Aviso Legal

18/10/2025 I TNR Espada Feminina Absoluta Alcobendas

20. Oct. 2025, a las 20.22

A fin de semana do 19 de novembro de 2025, disputouse en Valladolid o I TNR de espada absoluta feminina en modalidade individual e por equipos.

Representaron nesta competición a 100Tolos as nosas tiradoras Vera Pereiro, Nieves Eiriz, Laura Mora e Stefany López.
Na competición individual, a nosa cadete (M17) Vera Pereiro acadou un gran posto 62, sumando puntos para o ránking M20. Nieves Eiriz acadou o pase ó cruce de 128, rematando no posto 102, e Laura Mora e Stefany López, non acadaron o pase ós cruces e remataron nos postos 129 e 131 respectivamente na súa primeira participación nacional en categoría absoluta.

O domingo disputouse a xornada por equipos da Liga Plata, onde tras unha profunda renovación do equipo, e pese ás moi boas entradas acadadas especialmente por Laura e Stefany, non se acadou ningunha victoria. Unha gran xornada de aprendizaxe e rodaxe para un equipo que está en pleno crecemento.

Toda a información da competición no servizo engarde.
https://engarde-service.com/to...

Las últimas noticias Todos
8/11/2025 Circuito Europeo de Cadetes Budapest
A fin de semana do 8 de novembro disputouse en Budapest o primeiro campionato do Cadet Circuit europeo puntuable para o ránking interno nacional. Entre os seleccionados españois contamos con 3 dos nosos tiradores, Ángel Rivas e Loi...
1/11/2025 II TRG Florete M15, M13 M11 e M9
Este domingo de Haloween, as nosas floretistas non podían máis que, unha ez más, disfrazarse coa sús vestimenta favorita, as medallas! En categoría M13, Lía Rodríguez foi por segundo TRG consecutivo, a gañadora da competición, su...
31/10/2025 I TNR Espada M17 Alcobendas
En pleno fin de semana de Samaín, Tódolos Santos, Día de Mortos ou Haloween, segundo cadaquen prefira, disputouse en Alcobendas o I TNR de Espada M17. O sábado foi a quenda da competición masculina, onde destaca o resultado de Án...


Otras páginas de SportMember
  • Gestion deportiva de SportMember