Boletín informativo Inscripción Iniciar sesión
  • Inicio
  • Onde estamos?
  • Modalidades
    • Esgrima Deportiva
    • Esgrima para nenos
    • Esgrima histórica
    • Esgrima adaptada
  • Actividades
  • Integratlón
  • Novas
  • Competición
    • Federacións e campionatos
    • Galicia
    • Nacional
    • Próximas Competicións
    • Información, normas e regulamentos
    • Calendarios
  • Más
    Preguntas Frecuentes
    Competición Práctica da esgrima
    Aviso Legal

14/02/2026 Repóker de ouro en espada categorías Miniesgrima e M17

16. Feb. 2026, a las 20.52

Enorme día de competición dos nosos 100Tolos esta fin de semana no pavillón de Pontepedriña en Santiago de Compostela, acadando a victoria nas 5 competicións que se disputaban, 3 do III encontro da Liga de Miniesgrima de Espada, e as 2 do TRG de Espada M17, e un total .





Comezando polos máis novos, na categoría M9 Jean Paul Chagüendo trouxo á Coruña o ouro, Guillermo Meizoso a prata, e Catalina Lorenzo o bronce, ocupando 3 das 4 posicións de podio. Enma Sofía Fernández rematou no 5º posto, e Nikita Khvostikov no 7º posto. Ademáis dun día de diversión e disfrute en compañía dos tiradores do resto de clubes galegos, os nosos tiradores volveron con gañas de que chegue a seguinte!

Na categoría M11, xa en eléctrico, Leo Tabi conseguiu impoñerse ante os grandes espadistas que forman parte da canteira de Compostela Esgrima, traendo tamén á cidade da Coruña o ouro nesta categoría. Sofía Míguez, Anna Karolina Rivas e Aimar Unamuno, estiveron oi preto das medallas, chegando ó tablón de 8 e ramatando nos respectivos postos 6, 7 e 8. Manuel Lorenzo rematou 9º, Olivia Rosende 13ª, e Daniela López 17ª.




En M13, Nicolás Santiso acadou o primeiro posto, de novo por diante da gran canteira que Compostela Esgrima está a desenvolver cun gran traballo na expansión e mellora técnica da esgrima galega. Héctor Cancio-Donlebún acadou o terceiro posto e pechando a segunda medalla desta categoría. Zoe Méndez rozou as medallas e acadou un excelente 5º posto.




En M17, a victoria na categoría masculina foi para un gran Lois Longueira, acadando un moi traballado triunfo ante o gran espadista Diego Segovia, remontando un marcador que inicialmente se decantou de xeito moi claro en favor de Diego, e acadando Lois no último momento un empate que os levou ó asalto en prioridade onde se impuxo Lois. O noso M15 Ángel Rivas, acadou o bronce nesta categoría, despuntando de novo cun gran nivel de esgrima e unha evolución técnica máis que prometedora. Guillermo Sabín, na súa primeria tempada como espadista, quedou nas portas da medalla e acadou un gran 6º posto. Tomás Núñez rematou no posto 9, Antón Franco no 11, Telmo Miraz no 12, e Roberco Cubeiro no 14.



En categoria feminina, Vera Pereiro acadou a victoria nunha gran xornada de esgrima, onde puxo sobre a pista una abanico de accións de gran nivel técnico e estratéxico, mantendo en todo momento unha concentración fundamental para acadar unha consistencia que a fixo xusta gañadora do torneo. Lucila Antivero, M15 que retornou ás pistas tras uns meses fóra delas, acadou un gran 5ª posto. Stefany López rematou 6ª e Laura Mora 10ª, completando a nosa participación feminina M17.



Por último, dende 100Tolos e no resto de clubes, colaboramos na organización e execución deste TRG na Organización, no Directorio Técnico e na arbitraxe. Hai moito traballo detrás dunha competición, e a cooperación entre tódolos clubes é o mellor que podemos aportar para ir extendendo o noso deporte. Así, Mirian Haz, Humberto Ramírez e Alberto Pereiro estiveron xestionando o directorio técnico na grata compañía da gran loitadora Cora Ayude (Clube Deportivo Escuela Ayude), e Xián Franco, Hugo Díaz, Carlos Arita e Iago García foron parte do imprescindible equipo arbitral para que todo funcione como se ningún deles estiveran aí, que é o que debe ser!


Toda a información da competición, dispoñible en Engarde.
Las últimas noticias Todos
14/02/2026 Repóker de ouro en espada categorías Miniesgrima e M17
Enorme día de competición dos nosos 100Tolos esta fin de semana no pavillón de Pontepedriña en Santiago de Compostela, acadando a victoria nas 5 competicións que se disputaban, 3 do III encontro da Liga de Miniesgrima de Espada, e a...
II TNR Espada M20 Zaratán
A fin de semana do 29 de novembro disputouse o II TNR de Espada M20 en Zaratán, Valladolid. Na categoría feminina, Vera Pereiro acadou a posición 24, moi preto do pase a tablón de 16 nun cruce moi disputado, mantendo opcións até ...
22/11/2025 II Cadet Circuit Grenoble
A fin de semana do 22 de novembro disputouse en Grenoble o II torneo do Circuito de Cadetes europeu puntuable para o ranking interno nacional. Nesta ocasión 100Tolos estivo representado por Vera Pereiro, que acadou un gran posto 62 ...


Otras páginas de SportMember
  • Gestion deportiva de SportMember