Boletín informativo Inscripción Iniciar sesión
  • Inicio
  • Onde estamos?
  • Modalidades
    • Esgrima Deportiva
    • Esgrima para nenos
    • Esgrima histórica
    • Esgrima adaptada
  • Actividades
  • Integratlón
  • Novas
  • Competición
    • Federacións e campionatos
    • Galicia
    • Nacional
    • Próximas Competicións
    • Información, normas e regulamentos
    • Calendarios
  • Más
    Preguntas Frecuentes
    Competición Práctica da esgrima
    Aviso Legal

8/11/2025 Circuito Europeo de Cadetes Budapest

13. Nov. 2025, a las 20.02



A fin de semana do 8 de novembro disputouse en Budapest o primeiro campionato do Cadet Circuit europeo puntuable para o ránking interno nacional. Entre os seleccionados españois contamos con 3 dos nosos tiradores, Ángel Rivas e Lois Longueira na categoría masculina, e Vera Pereiro na feminina.

Budapest é posiblemente o campionato de cadetes de maior participación, con mais de 400 tiradores tanto en masculino como en feminino.

Os debutantes nesta competición Ángel Rivas e Lois Longueira obtiveron 2 e 1 victorias respectivamente en poules, un gran resultado para a primeira experiencia nesta competición, aínda que non foi abondo para chegar á fase de cruces. Ángel, que xa formou parte do equipo nacional o ano pasado nos Xogos do Mediterráneo, e que aínda pertence á categoría M15, tivo un gran debut con esas 2 victorias.

Vera Pereiro acadou 1 victoria na poule, pero non abondou para pasar á fase de cruces directos, agardando á próxima competición para tentar obter un mellor resultado coa progresiva preparación e aprendizaxe deste ano.

Toda a información da competición en Engarde:
https://engarde-service.com/to...





Las últimas noticias Todos
8/11/2025 Circuito Europeo de Cadetes Budapest
A fin de semana do 8 de novembro disputouse en Budapest o primeiro campionato do Cadet Circuit europeo puntuable para o ránking interno nacional. Entre os seleccionados españois contamos con 3 dos nosos tiradores, Ángel Rivas e Loi...
1/11/2025 II TRG Florete M15, M13 M11 e M9
Este domingo de Haloween, as nosas floretistas non podían máis que, unha ez más, disfrazarse coa sús vestimenta favorita, as medallas! En categoría M13, Lía Rodríguez foi por segundo TRG consecutivo, a gañadora da competición, su...
31/10/2025 I TNR Espada M17 Alcobendas
En pleno fin de semana de Samaín, Tódolos Santos, Día de Mortos ou Haloween, segundo cadaquen prefira, disputouse en Alcobendas o I TNR de Espada M17. O sábado foi a quenda da competición masculina, onde destaca o resultado de Án...


Otras páginas de SportMember
  • Gestion deportiva de SportMember